Quen son?
Son Susana Recarey Eiris, desde pequena pensaba que no futuro dedicaríame a algo relacionado con axudar aos demais, o cal se materializou licenciándome en psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.
Entendo que un psicólogo, é un profesional ao que calquera persoa acode nun momento da súa vida, en que sente, bloqueado, angustiado, animicamente baixo,… é dicir, está ante unha dificultade e acode a un especialista que coa formación adecuada e utilizando técnicas fundamentadas, pode axudarlle a resolvela.
Con esta vocación de axuda inicio a miña andaina como psicoterapeuta, en gabinetes de Coruña, ata que por fin establézome con consulta propia en Carballo, ao mesmo tempo que sigo formándome sen descanso para estar á vangarda das técnicas máis eficaces.